{"product_id":"a-arte-de-trobar-edicion-literaria-narrativa","title":"A arte de trobar (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"No século XIII, unha \"troupe\" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga. \"A arte de trobar\" é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano. Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, \"A arte de trobar\" constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59347850854734,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59347850887502,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59347850920270,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59347850953038,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/f7b968ad-5dd7-4435-bca3-fe8900b0db66_be90b9b5-ecdb-468c-83cf-09d24b1480a1.jpg?v=1777099985","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-arte-de-trobar-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}