{"product_id":"a-casa-enmeigada-sin-coleccion","title":"A casa enmeigada (SIN COLECCION)","description":"Malia a aparente falla de texto, este libro ten infinitas capas de lectura. En primeiro lugar, os troquelados e lapelas que conforman a súa aparencia, obra mestra do enxeñeiro papirofléxico Tor Lokvig. Tardarás anos en descubrir cada pequeno detalle que autor e enxeñeiro argallaron para a lectura. En segundo lugar a relación entre os dous ratos e o gato, presentes en cada páxina, a modo de xogo permanente de busca e captura. En terceiro lugar, a linguaxe visual das ilustracións cóntanos moitas máis historias ocultas, como a chegada progresiva dos alieníxenas, a relación entre as criaturas que habitan na casa, e todas as referencias literarias no eido do terror clásico universal. É un libro cun final triste (depende para quen), que reta a perniciosa tendencia actual do positivismo permanente e a sobreprotección da infancia. Unha reflexión necesaria e actual que nos berra desde o ano 1979, ano da súa primeira publicación, a necesidade de tratar temas fundamentais na literatura infantil, como o medo ou a cadea alimentaria, por moito que nos gusten os ratiños protagonistas. Cómpre reparar na intervención na tradución da tradutora Laura Sáez que ante a neutralidade do inglés no termo “Doctor” opta por empregar a forma feminina “doutora”, normalizando profesións e actitudes desde unha posición intervencionista na tradución pero non moralista no contido.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59322953105742,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59322953138510,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59322953171278,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59322953204046,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/af8d67e8-6ae1-46d6-b90b-86646faeac02.jpg?v=1775297604","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-casa-enmeigada-sin-coleccion","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}