{"product_id":"a-casa-xunto-ao-volcan-ii-premio-viadutos-2019-404-literaria","title":"A casa xunto ao volcán (II Premio Viadutos 2019): 404 (Literaria)","description":"I Premio Viadutos 2019 Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades físicas… E por riba, o traslado familiar de Ourense a Rianxo, onde terá que comezar de novo, onde terá que rachar coas inercias psicolóxicas do pasado e buscar iso que o seu profesor de Filosofía consideraba a función básica do ensino: unha mirada propia sobre o mundo e sobre as relacións humanas que nel se establecen. Esa é a maior aventura que se pode vivir na adolescencia, e Xeila empréndea, para sorpresa do profesorado, da súa nai e das súas amizades, incapaces de comprendela. O seu comportamento estraño, contraditorio, mesmo delitivo, é un reto que se impón a partir do pensamento de Nietzsche, estudado nunha das clases de Filosofía: construíde a vosa casa ao lado dun volcán. Un volcán que acabará modificando non só a vida de Xeila, senón a de todas as persoas que a presencian, e mesmo son sacudidas pola súa erupción.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59351467917646,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59351467950414,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59351467983182,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59351468015950,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/e3d49798-b1a2-4226-878b-cfa13e9a70bd_4bb4b3c6-fee5-435b-8020-927449c66b87.jpg?v=1777106623","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-casa-xunto-ao-volcan-ii-premio-viadutos-2019-404-literaria","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}