{"product_id":"a-gondola-fantasma-infantil-e-xuvenil-sopa-de-libros-de-10-anos-en-diante","title":"A góndola fantasma (Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante)","description":"Gianni Rodari escribiu esta obra hai cincuenta anos. Unha novela que constitúe unha grande homenaxe á Comedia da Arte e ós seus personaxes característicos os amos e os criados ou bufóns. Bufóns, pobres de todo, pero a cal máis pícaro, entre os que destacan: Arlequín, que vendería os calzóns feitos de distintos farrapos de macarróns, o máis raposeiro dos bufóns; Polichinela, o napolitano que ten máis de ladroeiro ca de criado, que loce unha xoroba diante e outra detrás; Colombina, a máis simpática e presumida do grupo, que sempre vai o seu e coquetea con calquera con tal de conseguir o que quere. Entre os amos, que mangonean moito e perden sempre, figuran personaxes como Pantalón, o vello avarento de Venecia, moi agarrado e de longuísima capa negra; o Doutor, o médico que non sabe de medicina; ou omedoso Capitán.\u003cbr\u003eNesta divertidísima novela de Rodari, unha gondola fantasma, que navega sen gondoleiro polas canles venecianas, provoca secuestros, enganos, persecucións e abordaxes entre piratas, mercadores e personaxes da Comedia da Arte; todos buscan o fillo do Califa de Bagdad. ¿Quen viaxará nesa góndola misteriosa?\u003cbr\u003eComo sucede en toda a Comedia da Arte aquí os personaxes teñen moita máis importancia có argumento, xa que son os propios personaxes os que dan pé ó argumento. En A góndola fantasma, esta historia veneciana de Rodari, o lector asistirá as pelexas entre amos e criados, entre vellos emozos, entre poderosos e míseros, entre sabios e burros, e, neste caso tamén, entre mouros e cristiáns.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369481437518,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369481470286,"sku":"2260545_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369481503054,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369481535822,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/5dd8ab65-0f00-4bb5-9b67-02b5e6eebde1_b7fcba13-1ede-48f1-8822-ddac28b0e1c7.jpg?v=1777152131","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-gondola-fantasma-infantil-e-xuvenil-sopa-de-libros-de-10-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}