{"product_id":"a-idea-de-nacion-en-castelao-edicion-literaria-xerais-peto-claves","title":"A idea de nación en Castelao (Edición Literaria - Xerais Peto - Claves)","description":"Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política na Universidade de Santiago, elabora en A idea de nación en Castelao un modelo para a análise dos aspectos políticos e ideolóxicos do nacionalismo en Castelao, facendo unha aquelada interpretación do seu pensamento a través dunha lectura crítica de Sempre en Galiza. Máiz afonda no pensamento político de Castelao a partir da súa primeira cerna: o concepto de Galicia como nación que vertebra o seu enteiro discurso en canto se postula como indeclinablemente nacionalista. Nesta breve monografía téntase dar conta dos elementos fundamentais cos que Castelao constrúe o concepto de nación, o núcleo duro da cualificación nacionalitaria; de ordenar o peso interno relativo de cada un dos seus elementos e da súa articulación como momentos dunha formación discursiva nacionalista; a articulación do núcleo duro discursivo con elementos racionais de exclusión e identificación que contribúen dialecticamente e de xeito decisivo á fixación do concepto final de nación; e, finalmente, a articulación do anteiro na orde política: institucional (modelo de estado) e político estratéxico (pobo-nación, apoios, etc.). A idea de nación en Castelao constitúe unha das máis sólidas reflexións e investigacións sobre o pensamento político de Castelao, ó tempo que contribúe ó proceso de permanente edificación e reconstrucción interpretativa de Sempre en Galiza, libro-símbolo do proxecto político nacionalista galego.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59408170418510,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59408170451278,"sku":"2350811_1_3","price":11.64,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59408170484046,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59408170516814,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/36aa731c-be25-42d2-ac20-3c3f4da54a71_7cd55573-e737-49ab-89d2-e0000f39c251.jpg?v=1777238157","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-idea-de-nacion-en-castelao-edicion-literaria-xerais-peto-claves","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}