{"product_id":"a-identidade-fronte-a-rede-the-identity-to-the-network-o-reto-mediatico-de-galicia-na-sociedade-da-informacion-obras-de-referencia","title":"A Identidade Fronte a Rede\/ the Identity to the Network: O Reto Mediatico De Galicia Na Sociedade Da Informacion (Obras De Referencia)","description":"Luís Alvarez Pousa constata o potencial estratéxico dos medios de comunicación nesta fin de século, cando se experimentan transformacións derivadas da globalización e da emerxencia das identidades. Os medios contribúen de maneira decisiva, necesaria e imprescindible, á conversión das identidades colectivas étnicas en identidades colectivas nacionais.Velaí por qué a clásica definición socioespacial de identidade precisa complementarse cunha definición sociocomunicacional. As portas do terceiro milenio, a construcción da nación, da súa identidade, esixe un marco político específico, un territorio institucional que na sociedade contemporánea é sobre todo un espacio de comunicación. Sobre esta hipótese está estructurado o corpo ensaístico de A identídade fronte á rede.Cando a información se converte en materia prima para calquera tipo de desenvolvemento, un proxecto nacional non pode ter éxito a menos que consiga que se institucionalice o seu espacio de comunicación, contando coa estructura mediática que no seu día fora política, cultural e socialmente lexitimada, e tamén cos novos e tecnoloxizados soportes. Galicia tamén pode ser un espacio de choque fronte ás estratexias de concentración nas que a sociedade da información descansa todo o seu poder homoxeneizador.¿Están os medios de comunicación galegos en disposición de aproveitar este potencial subversivo nesa dirección? Escudriñar con perspectiva galega ese proceso de confrontación entre a identidade e a rede é o que se fai nesta novidosa, documentada e arriscada reflexión.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59340987302222,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59340987334990,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59340987367758,"sku":"2232311_1_2","price":5.19,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59340987400526,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/610ed387-146c-44bb-acdf-942430e299f6_795f3b7a-3ad3-46a6-99fa-f3a671925b9f.jpg?v=1777079316","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-identidade-fronte-a-rede-the-identity-to-the-network-o-reto-mediatico-de-galicia-na-sociedade-da-informacion-obras-de-referencia","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}