{"product_id":"a-integracion-europea-european-integration-obras-de-referencia","title":"A Integración Europea\/ European Integration (Obras De Referencia)","description":"En 1996 a Comisión Europea confirmoulle á Universidade de Vigo a concesión dun módulo multidisciplinar de introducción á integración europea, que supoñía a súa participación no Proxecto Jean Monnet, que reune a máis de 200 universidades para promover a idea de Europa. Este módulo foi dispensado por primeira vez no curso 1996-97. Daquela evidenciouse a necesidade dun manual de consulta sobre temas europeos que tivese un enfoque multidisciplinar e en lingua galega. De aí naceu A integración europea. Un enfoque interdisciplinar, un libro que achega aos estudiantes e a todas as persoas interesadas unha sorte de síntese e crisol de enfoques para o estudio do proceso de construcción europea.En A integración europea, analízase a evolución da construcción europea desde as pioneiras formulacións para acadar a unidade de Europa, en 1919, ás diferentes modificacións institucionais que callaron na transformación da Comunidade Económica Europea na UE.Na segunda parte faise un repaso da conformación da estructura orgánica e institucional da Unión Europea, reparando na formación do dereito comunitario e nos seus principios, antes de se deter no estudio do proceso contencioso administrativo.A terceira sección dá conta das claves económicas do proceso de integración e dos seus efectos, para logo debullar as diferentes políticas, económicas e sociais comunitarias, así como as súas formas de financiamento e as avantaxes e problemas da Unión Monetaria.Na derradeira sección analízase a diversidade cultural da Unión Europea e proporciónase unha visión sintética da riqueza idiomática a través do estudio das once linguas oficiais na Unión Europea.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":60466086904142,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":60466086936910,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":60466086969678,"sku":"2462388_1_2","price":30.58,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":60466087002446,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_8eecd98a-115e-4f2a-863c-8c947ce016f9.png?v=1787292675","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-integracion-europea-european-integration-obras-de-referencia","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}