{"product_id":"a-lenda-da-cidade-asolagada-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","title":"A lenda da cidade asolagada (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante)","description":"A historia que se nos conta transcorre nun tempo mítico e nun lugar, Baladouro, que pertence a un espacio identificable como o das terras do concello de Arteixo. Alí nace un neno, Estevo, e o cego de Baladouro prognostica que o naipelo estará dotado de estraños poderes. O neno vai medrando e axiña se descobre que a profecía é certa, xa que Estevo ten poderes máxicos. O cego regálalle un libro, O libro Vermello, no que só o neno poderá ler; cando o saiba todo, as letras desaparecerán e o libro converterase en po. O neno medra, aprende e a profecía cúmprese. Pero pouco despois comeza a chover sobre Baladouro cunha chuvia interminable, ameazando con asolagar todo. Curiosamente, a chuvia só cae sobre o seu lugar natal, polo que Estevo decide descubri-las causas do estraño fenómeno. Estevo emprende entón unha sorte de viaxe iniciática, durante a cal vai coñecendo diferentes personaxes (un bibliotecario, unha meiga, unha Sombra, un vello escritor popular, un anano, un can mouro...) que lle van facilitando as pistas para que poida chegar a coñece-lo segredo que se agacha trala persistente choiva. Finalmente, o segredo queda desvelado: un nubeiro é o que está a asolagar Baladouro. Estevo vai velo á súa cova e, gracias á forza da súa palabra, xa que o nubeiro devece por escoitar historias, consegue que faga desaparece-la maldición e Baladouro acabe salvándose.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59703110336846,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59703110369614,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59703110402382,"sku":"2418962_1_2","price":6.28,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59703110435150,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_e4e02234-f0c2-44e9-8c90-f77674aa9666.png?v=1779330083","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-lenda-da-cidade-asolagada-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}