{"product_id":"a-princesa-lua-e-o-enigma-de-kian-merlin","title":"A princesa Lúa e o enigma de Kian (MERLIN)","description":"Reseña del editor\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA historia que se nos conta neste libro desenvólvese nunha Galicia mítica e comeza presentándonos ó reí Artús, que ten o seu fogar preto da lagoa de Antela. Anda sempre en batallas, polo que a raíña enferma de tristura. Como os médicos din que só a salvará \" o amor máis grande do mundo \" , deciden ter unha filla, á que lle poñen o nome de Lúa. Pero a raíña morre, e a princesa queda ó coidado da dama Rovena, unha muller da corte, viúva dun famoso guerreiro, e a quen as fadas da lagoa de Antela lle roubaran anos atrás o seu fillo Brandón. Kian, un bardo, dille un estraño enigma, no que se fala dunha lúa que liberará ó seu fillo Brandón. E dama Rovena vai educando á princesa cuns criterios \" diferentes \" ós tradicionais, fuxindo da formación que se lle adoitaba dar ás nenas. Cando Lúa cumpre os trece anos, tenta resolve-lo enigma do bardo Kian. Decátase de que ela é a \" lúa \" da que se fala no raro enigma, de maneira que terá que levar a cabo tódalas probas que nel se din, se quere liberar ó mozo Brandón, do que está secretamente namorada, incluso sen coñecelo. A princesa Lúa emprende a viaxe e vai pasando por numerosas aventuras, nas que ten que resolve-los máis difíciles atrancos. Pero a rapaza acaba por chegar á lagoa, vence-lo poder das fadas e destruí-lo maleficio que mantiña preso ó seu namorado, liberando así ó mozo Brandón, co que finalmente casa.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eBiografía del autor\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003ePalmira González Boullosa (Vigo, 1941-2017) foi mestra e especialista en literatura de tradición oral. Os seus primeiros libros foron dedicados á recompilación do folclore infantil: Adiviñas (1985), Mentiras (1986), Arrolos (1986) e ¿Quen panda? (1986), tarefa que completaría con Cando o rei por aquí pasou (Xerais 1997). Ten publicado ademais: A princesa Lúa e o enigma de Kián (1988), novela, premio Merlín 1987; Brandón, fillo de Ferreol (Xerais 1993), que formarán parte dunha triloxía que concibiu baixo o título de Triloxía de Cumiodouro. Como poeta publicou Asoldamente, o teu nome (1992), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369574891854,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369574924622,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369574957390,"sku":"2097591_1_2","price":5.38,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369574990158,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/0fb7e526-f321-4579-b057-18bfc192dce7_52fbf40e-4a3b-458a-b960-4c7e1f0fb418.jpg?v=1777152279","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-princesa-lua-e-o-enigma-de-kian-merlin","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}