{"product_id":"a-velocidade-do-frio-edicion-literaria-narrativa","title":"A velocidade do frío (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío. Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada. En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59344104718670,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59344104751438,"sku":"1744986_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59344104784206,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59344104816974,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/e1982658-057a-4ee3-bbf6-07e0ff8c4485_0d86fd87-2f11-46f1-b3f5-55ed204cd576.jpg?v=1777089887","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/a-velocidade-do-frio-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}