{"product_id":"alguen-ao-lado","title":"Alguén ao lado","description":"Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe.\u003cbr\u003e\tEsa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente. \u003cbr\u003e\t«Alguén ao lado» é unha reflexión universal sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse. Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para amar e entenderse. \u003cbr\u003e\tXabier Quiroga mergúllanos nun mundo de extraordinaria sinceridade e profundidade emocional que, co paso das páxinas, nos vai descubrindo algo tan variado e fráxil coma o que chamamos, simplemente, vida.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":61626423673166,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":61626423705934,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":61626423738702,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":61626423771470,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/01a1ca56-edf3-723b-b8de-81f5c2a22a95.jpg?v=1794397227","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/alguen-ao-lado","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}