{"product_id":"amote-leo-a-destino-xalundes-infantil-e-xuvenil-camaleon","title":"Ámote Leo A. Destino Xalundes (INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN)","description":"Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59375321252174,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59375321284942,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59375321317710,"sku":"2346300_1_2","price":5.19,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59375321350478,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/1e8fd56f-9c76-4fe7-af94-6c4651d936be_7db9d7e3-ebd0-48a2-8ff8-3361c8667ac9.jpg?v=1777161319","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/amote-leo-a-destino-xalundes-infantil-e-xuvenil-camaleon","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}