{"product_id":"aqui-comeza-o-mar-443-literaria","title":"Aquí comeza o mar: 443 (Literaria)","description":"Premio Blanco-Amor 2021. Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte do istmo con bloques de cemento e chamáronlle o Recheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos e plantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras e de próceres. Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase e boquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura. Aquí comeza o mar é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital del franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e da xente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemia desaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. A través das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunha explosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas, de fantasía, de sexo.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59346927124814,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59346927157582,"sku":"2067806_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59346927190350,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59346927223118,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/a9048be3-36c6-4330-975a-960715fb3345_545691b0-7e4b-4cb9-9092-e89987db24fb.jpg?v=1777098434","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/aqui-comeza-o-mar-443-literaria","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}