{"product_id":"as-flores-radioactivas-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante-1","title":"As flores radioactivas (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante)","description":"A Fosa Atlántica é unha zona do océano situada a unhas 300 millas das costas galegas. Nela estivéronse mergullando, ata 1982, os residuos radiactivos das centrais nucleares de diversos países europeos. Nesa zona aparece un día unha estraña mancha brillante. O Alto Mando da OTAN acouta a zona e descobre que a mancha brillante está formada por flores, unha morea de estrañas flores mutantes que aboian na tona e deitan un penetrante recendo. Axiña se decatan de que teñen unha propiedade preocupante: a persoa que cheira as flores convértese axiña nunha activa pacifista. Alba, unha rapaza que vive nunha vila de beiramar, vai se-la protagonista da aventura que se empeza a desenvolver. Unha expedición ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores e Alba vai de polisón no barco. Os da expedición, coa imprescindible axuda de Alba, conseguen burla-la vixilancia dos militares e coller mostras das flores, que axiña espallan por todo o mundo. Os efectos do seu recendo non se fan agardar e, no remate da aventura, asistimos ó inicio dunha era en que as guerras non van ter cabida e onde parece posible unha nova orde mundial baseada na paz e na cooperación.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59370168484174,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59370168516942,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59370168549710,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59370168582478,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/aa260a5f-e5c6-43af-b886-85ce49c6d071_a7d2217b-df1f-4e8a-9d40-9b16d429110b.jpg?v=1777154400","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/as-flores-radioactivas-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante-1","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}