{"product_id":"avions-de-papel","title":"Avións de papel","description":"Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59370164355406,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59370164388174,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59370164420942,"sku":"2284845_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59370164453710,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/27ff3097-56d6-4d77-a0cc-1312fcb5ae64_17cf8773-b2a8-4754-a9d9-117bd4bbb575.jpg?v=1777154449","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/avions-de-papel","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}