{"product_id":"cancions-edicion-literaria-poesia","title":"Cancións (EDICIÓN LITERARIA - POESÍA)","description":"Reseña del editor      «Cancións» contén as letras que Xela Arias escribiu para o grupo de rock vigués Desertores na segunda metade da década dos anos 80 e un CD da banda gravado en xullo de 2021 que reúne todos os temas escritos pola poeta. Como di Teresa Cuíñas Lavandeira no limiar, estas cancións «son unha mostra do diálogo poético e musical que cultivou durante toda a súa vida». «Teño que recoñecer que me sinto moitísimo máis influída polo mundo do rock'n'roll que polo dos poetas galegos», declarou no seu día Xela Arias. Patti Smith, Lou Reed, Radio Futura ou Joy Division estiveron detrás do pulo creativo dunha poeta que sempre procurou a complicidade da música.      Biografía del autor      Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Como poeta, publicou os libros «Denuncia do equilibrio» (1986); «Tigres coma cabalos» (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; «Darío a diario» (1996); e «Intempériome» (2003). Posuidora dunha voz inclasificable, a súa obra poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra. Como tradutora, verteu ao galego obras de Fenimore Cooper, Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire ou Alice Vieira, labor polo que recibiu recoñecementos como a Medalha do Prêmio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro. En 2021 dedícaselle o Día das Letras Galegas.Desertores é unha banda de rock formada a finais dos 80 por Humberto Heredia, Juan Díaz, Valerio Araújo e Miguel González. A banda orixinal disolveuse en 1996 tras publicar dous álbums: «El Desertor» (1991) e «El vicio de la carne» (1993). En 2017 retomaron a actividade musical e en 2021 publicaron o CD «Cancións» (Xerais), onde se reúnen todos os temas escritos pola poeta Xela Arias.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59361649131854,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59361649164622,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59361649197390,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59361649230158,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/177caebf-5565-4ca3-b0e0-d4280794dd5b_cd7c38e5-4a32-433b-8682-2e9b0c1146ff.jpg?v=1777132361","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/cancions-edicion-literaria-poesia","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}