{"product_id":"charlie-e-a-fabrica-de-chocolate-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","title":"Charlie e a fábrica de chocolate (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante)","description":"O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes... Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre. \"Charlie e a fábrica de chocolate\" é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005. A presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59368057078094,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59368057110862,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59368057143630,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59368057176398,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/c29547ea-b3ad-4f08-ab72-375a13f33c07_df5b23f6-2025-4047-acbd-d627543a01ff.jpg?v=1777147233","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/charlie-e-a-fabrica-de-chocolate-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}