{"product_id":"choiva-de-ras-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante","title":"Choiva de ras (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante)","description":"Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen. \"Choiva de ras\" é unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59368376926542,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59368376959310,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59368376992078,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59368377024846,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/ea415a15-c3f1-4e11-a1d2-48ead6bf8726_4a96470c-ff2a-41bb-ae26-89650cb36d64.jpg?v=1777148417","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/choiva-de-ras-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}