{"product_id":"circulo-edicion-literaria-narrativa","title":"Círculo (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido. Un libro coma unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida. Tic-Tac foi unha expresión de ansia e a anguria polo paso do tempo, a vida baixo o signo da desesperanza: Círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si. Círculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisíbeis de emocións profundas e perturbadoras. Para Suso de Toro \"a forma de Círculo é a dunha serpe que morde o rabo, a serpe Uroboros dos alquimistas, o círculo. Quixen, como en Tic-Tac, resumir a existencia, só que nunha visión distinta. Alí quixen representar a vida como traxedia agónica, a vida cruel de dous modos, vivíndoa sen esperanza, desesperadamente. Aquel era libro moi masculino en moitos sensos. Aquí, pola contra, quixen que expresase outra visión da vida máis reconciliada e que xa veño intentando expresar nas últimas novelas, unha vida na que reina a morte e sen embargo non é desesperada. Unha vida vivida desde o aceptamento da morte, sempre terríbel; o aceptamento do terríbel. E tamén, por así dicir, unha vida enteira e plena, e por iso me acollín a esa visión mítica que me dá a laquimia, \"a Gaya Ciencia\", do mundo como un todo circular formado polos catro elementos: lume, aire, auga e terra. Que xa vén da sabedoría presocrática. O que é certo é que establece unha relación con Tic-Tac e que quere expresar unha actitude e unha comprensión da vida distinta. E que está feito de soño e de afán de verdade\".","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59347296846158,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59347296878926,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59347296911694,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59347296944462,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/75304bd4-b751-49d6-acfd-2914f82bb3b3_06335923-8b17-4749-9990-8107e312639b.jpg?v=1777099290","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/circulo-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}