{"product_id":"cobiza-edicion-literaria-milmanda","title":"Cobiza (EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA)","description":"Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro do planeta». Luz habita o presente nun mundo que se divide entre os Recunchos e as Capitais, estas últimas só accesibles mediante a chamada «lotería da fertilidade». Gañala implica un acceso descoñecido á opulencia. Nun futuro marcado polo cataclismo denominado a Gran Desconexión, tres seres creados de materia vexetal, pero con forma humana, son capturados por un barco negreiro para chegar a un continente descoñecido. Aquí descubrirán como os seus corpos son clasificados como mulleres e comodificados, vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59348161888590,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59348161921358,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59348161954126,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59348161986894,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/e9f5f747-e92d-457c-906a-04b395adbb2f_c23b3b0b-e81f-420a-a22b-463a2d3e0569.jpg?v=1777100750","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/cobiza-edicion-literaria-milmanda","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}