{"product_id":"confusion-e-morte-de-maria-balteira-gallego","title":"Confusion e morte de María balteira (gallego)","description":"Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas. Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais para comprendermos o que é a nación galega [...].","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":60621614711118,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":60621614743886,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":60621614776654,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":60621614809422,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_5b04a012-a6d8-4653-8734-13121a0f6367.png?v=1788331890","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/confusion-e-morte-de-maria-balteira-gallego","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}