{"product_id":"contos-por-palabras-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante-1","title":"Contos por palabras (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante)","description":"Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. \" Unha chave non é suficiente \" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que \" se duplica calquera chave, con ou sen mostra \" . \" O caso do unicornio azul \" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. \" Vanesa e o anuncio da televisión \" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. \" Un artista de neón \" : un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. ¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato \" O caso do estraño empregado \" ? Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en \" Ser superheroe non é doado \" e \" Noites de lúa chea \" . \" O libro das infinitas historias \" , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59368690876750,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59368690909518,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59368690942286,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59368690975054,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/b6b48fee-aa74-4cd3-957e-e71f13b43ffa_5b1c74f6-c9c3-4fed-93bb-a50608411ec3.jpg?v=1777149563","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/contos-por-palabras-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante-1","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}