{"product_id":"contos-por-palabras-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","title":"Contos por palabras (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante)","description":"Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. \"Unha chave non é suficiente\" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que \"se duplica calquera chave, con ou sen mostra\". \"O caso do unicornio azul\" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. \"Vanesa e o anuncio da televisión\" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. \"Un artista de neon\": un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato \"O caso do estraño empregado\" Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en \"Ser superheroe non é doado\" e \"Noites de lúa chea\". \"O libro das infinitas historias\", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59368457830734,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59368457863502,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59368457896270,"sku":"2101517_1_2","price":6.3,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59368457929038,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/d375d9b8-e456-4e80-9bb4-e5e82671f920_1ec9774b-3c38-409f-a382-944a4709b84f.jpg?v=1778215678","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/contos-por-palabras-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}