{"product_id":"contra-todo-isto-un-manifesto-rebelde-edicion-literaria-cronica-xornalismo","title":"Contra todo isto: Un manifesto rebelde (EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo)","description":"Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña. Este libro está escrito contra Todo Isto. Todo Isto é descivilización. Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produción de odio contra o diferente. Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos. Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades. Todo Isto é o machismo como sistema. Todo Isto é a guerra contra a natureza. Todo Isto é domesticación intelectual. Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura de economía gris e criminal. Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria. Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo. Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59418727809358,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59418727842126,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59418727874894,"sku":"2270621_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59418727907662,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/1ee0e9a2-2acb-4bd6-9de0-177ace7c8cbe_d1411b72-f33e-45fc-92d6-739bf71b31a5.jpg?v=1777262862","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/contra-todo-isto-un-manifesto-rebelde-edicion-literaria-cronica-xornalismo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}