{"product_id":"danny-o-campion-do-mundo-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante-1","title":"Danny, o campión do mundo (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante)","description":"Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais pezas de automóbiles. Pero seu pai gardaba un importante segredo que colocará a Danny en serias dificultades e que está relacionado coa faisáns: ese belido animal de pluma, tan cobizado polos cazadores e tan preciado na cociña. O gran segredo desvelado será o motivo polo cal Danny se vexa obrigado, con tan só dez anos, a conducir un coche. Tamén acontecerá que o seu pai romperá un nocelo, por poñer un exemplo dos moitos enredos nos que se verán envoltos. Realmente os problemas son debidos á gran paixón do seu pai e á súa adversión polo señor Hazell, dono case absoluto da rexión na que se desenvolve a presente historia. Danny, o campión do mundo é posiblemente a novela máis realista de Roald Dahl, un dos clásicos da literatura infantil do século XX. Un libro que recolle algúns dos temas clásicos da literatura de Dahl: a súa intransixencia co tirano, a súa feroz crítico do adulto despota, o seu desexo de vinganza cando as perigosas persoas maiores amosan os seus comportamentos máis deleznables.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369583116622,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369583149390,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369583182158,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369583214926,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/2761a02b-2f87-401d-a063-8cba5451f03a_e8f133f4-7337-434f-9477-b4b784c23b57.jpg?v=1777152255","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/danny-o-campion-do-mundo-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante-1","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}