{"product_id":"de-pergaminos-follas-voandeiras-e-libros-ao-gal-breve-historia-da-literatura-galega","title":"De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal: Breve historia da literatura galega","description":"Reseña del editor\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUn poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén é un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade. Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eContraportada\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUn poema é un ser vivo que anda.\u003cbr\u003e Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén ser un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade.\u003cbr\u003e Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eBiografía del autor\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eMercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo. A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía». Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59518215553358,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59518215586126,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59518215618894,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59518215651662,"sku":"2399967_1_1","price":9.08,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/019d8cea-22ca-7ca5-8266-d402757ee93b.jpg?v=1777272314","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/de-pergaminos-follas-voandeiras-e-libros-ao-gal-breve-historia-da-literatura-galega","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}