{"product_id":"dialectoloxia-da-lingua-galega-obras-de-referencia-xerais-universitaria-lingua-e-literatura","title":"Dialectoloxía da lingua galega (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura)","description":"¿Cantos galegos hai? ¿Qué variantes realmente representativas caracterizan as distintas áreas xeográficas da lingua que falamos? ¿Existen dialectos no galego ou todo é unha unidade plural? ¿Qué clase de relacións ou interferencias establece o noso idioma con outras linguas veciñas? A estas outras cuestións dáse cumprida resposta nas páxinas deste libro, que son o resultado de máis de quince anos de investigación sobre a lingua oral, dende que en novembro de 1974 empezaron no Instituto da Lingua Galega os traballos para a elaboración do primeiro Atlas Lingüístico de Galicia. Francisco Fernández Rei é o coordenador e redactor do primeiro volume, adicado á Morfoloxía Verbal, e dende entón converteuse na nosa principal autoridade nestas cuestións. Dialectoloxía da lingua galega, o primeiro dos nosos MANUAIS universitarios, propón ó lector un exame completo e documentado da realidade viva do idioma a partir da súa riqueza e da súa diversidade, avaliada por unha extensa investigación de campo.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59407827173710,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59407827206478,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59407827239246,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59407827272014,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/68f2b1f6-2549-4695-9a67-52490e4c185e_2ae6d032-b510-4b57-bf11-703cded4b0fc.jpg?v=1777236908","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/dialectoloxia-da-lingua-galega-obras-de-referencia-xerais-universitaria-lingua-e-literatura","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}