{"product_id":"dicionario-visual-dicionarios-dicionarios-xerais","title":"Dicionario visual (DICIONARIOS - DICIONARIOS XERAIS)","description":"Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais. Cada unha das láminas, reproduce nas dúas marxes debuxos dos obxectos máis representativos que aparecen acompañados de cadanseu nome. O presente \"Dicionario visual\", editado por Xerais e debuxado por Josep Vicó, mediante a relación entre as imaxes e a súa representación gráfica, posibíltalles aos máis pequenos a aprendizaxe do vocabulario básico. Grazas ao binomio imaxe-palabra, a fixación dos conceptos na mente dos nenos que se atopan nas primeiras fases da aprendizaxe da lectura faise máis doada e pracenteira. A riqueza das situacións que se representan nas escenas -protagonizadas polos membros da familia- fai que o \"Dicionario visual\"sexa especialmente recomendable para a estimulación da expresión oral dos cativos, xa que dá pé a conversar sobre as accións, o vocabulario, as calidades, etc. O traballo das láminas está pensado para que haxa unha interacción enre as persoas adultas e os nenos e nenas. Entre outras posibilidades didácticas, pódese xogar a atopar os elementos das marxes no contexto da lámina. Hai uns poucos casos nos cales o obxecto, se ben pertence ao campo léxico que se traballa, non aparece na escena. As devanditas palabras levan un asterisco para advertilo. Ademais, a todo isto engádese o incentivo de descubrir un personaxe agochado en todas as láminas a grandes. Con esta vertente lúdica preténdese contribuír a desenvolver a agudeza visual dos pequenos.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59407742566734,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59407742599502,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59407742632270,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59407742665038,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/d2ac0edb-304c-4922-9579-b30d8f66b38a_2f73dcda-e989-41c0-bf8a-0d694aface2e.jpg?v=1777236603","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/dicionario-visual-dicionarios-dicionarios-xerais","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}