{"product_id":"eu-son-eu-infantil-e-xuvenil-pasenino","title":"Eu son eu (Infantil E Xuvenil - Paseniño)","description":"A bisavoa non ve ben, non lembra nada, non recoñece a ninguén. Pero polo menos sabe que eu son eu. A nova colección Paseniño de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":60025989366094,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":60025989398862,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":60025989431630,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":60025989464398,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_970bf942-7853-4f68-8ed5-23692324e004.png?v=1783045032","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/eu-son-eu-infantil-e-xuvenil-pasenino","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}