{"product_id":"eu-tampouco-me-chamo-flanagan-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","title":"Eu tampouco me chamo Flanagan (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"Eu tampouco me chamo Flanagan é a nova entrega da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente creado en 1989 por Andreu Martín e Jaume Ribera, e publicada en galego por Xerais dentro da súa colección Fóra de Xogo. Como nas entregas anteriores, o intelixente detective aceptará unha investigación para facer fronte aos seus caprichos, o que o levará a meterse, como adoita e sen el pretendelo, en todo tipo de líos, dende os amorosos, a outros bastante máis perigosos e comprometidos. Desta volta, a trama iníciase cando Oriol Lahoz, detective profesional, pide axuda a Flanagan para atopar a Alí Hiyyara, un magrebí de doce anos desaparecido. Por suposto, as cousas non son como parecen. Seguindo a pista do rapaz, Flanagan abráiase e indígnase diante da terrible situación dos emigrantes de orixe magrebí que viven no seu barrio, e descubre que Omar, o pai do neno, tamén desaparecido, está involucrado no roubo dunhas valiosísimas xoias Almirall. Namentres, debe axudar ao seu amigo Charcheneguer, que se ve implicado no roubo dunha xoiaría e logo é secuestrado por un suposto amigo que pretende quitarlle o anel de brillantes que lle mercou a súa moza.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59340155093326,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59340155126094,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59340155158862,"sku":"1986987_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59340155191630,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/f382b368-0f5c-4acd-a919-6c042fb0f24e_ef6d10db-93ba-4c8d-944c-b1d9f6d66c4f.jpg?v=1777076398","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/eu-tampouco-me-chamo-flanagan-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}