{"product_id":"galicia-galicia-edicion-literaria-cronica-xornalismo","title":"Galicia, Galicia (Edición Literaria - Crónica - Xornalismo)","description":"Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos e publicada en El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra. A edición correu a cargo de Xosé Mato Fondo que a organizou nas seguintes series: O conservador país onde non existen os conservadores (Premio Fernández Latorre de periodismo); No mellor país do mundo (serie publicada en La Voz de Galicia); Terra Cha, cha, cha, cha (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); A Campaña do Ogro (sobre as eleccións de 1993); A Campaña do Botafumeiro (sobre as eleccións de 1997); O gaiteiro solitario (serie publicada en A Nosa Terra); Toca madeira (serie publicada en La Voz de Galicia); O pleonasmo de Don Manuel; Oración fúnebra pola Orquestra do Vento (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto). A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo de Galicia, Galicia non é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de No mellor país do mundo, por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida profecía. Manuel Rivas, como un gaiteiro solitario e non en bandada marcial usa a liberdade, a imaxinación e o humor contra a grande maquinaria da chamada Pax Fraguiana: a propaganda. Galicia, Galicia é unha obra histórica e de historia, do presente que aínda vivimos, e que non trata só dun personaxe senón de todo un tempo.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59407755706702,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59407755739470,"sku":"2073745_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59407755772238,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59407755805006,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/fe7d15ad-69a7-486c-97a8-b537fe92107f_f6119e4d-e745-4b2d-af9f-94993f6a9bd5.jpg?v=1777236770","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/galicia-galicia-edicion-literaria-cronica-xornalismo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}