{"product_id":"guia-das-plantas-de-galicia-turismo-ocio-montes-e-fontes-guias-da-natureza","title":"Guía das plantas de Galicia (TURISMO \/ OCIO - MONTES E FONTES - Guías da natureza)","description":"A Guía das Plantas de Galicia, do prestixioso botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos polo seu contorno. O libro comeza cunha introdución xeral na que se trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades de internet e xeoloxía de Galicia. Inclúese normativa legal sobre protección dos hábitats naturais, o Catálogo galego de especies ameazadas e o Rexistro de especies de interese galego. Logo, aborda a obra as claves dicotómicas que permiten a determinación ata o nivel de especie, para entrar nas fichas descritivas das familias e nas 1.386 especies (a maior parte das que aparecen en Galicia), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos, nomes populares en galego e castelán, descrición -con especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e época de floración. A Guía das Plantas de Galicia contén, ademais, máis de 1.000 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como debuxos nos casos en que se considera oportuno. Esta obra monumental remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59399629406542,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59399629439310,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59399629472078,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59399629504846,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/44f6f5fd-8352-4a76-9700-6592c4803342_0b998a7a-cb15-4c19-bd18-d6dd109a94ac.jpg?v=1777218938","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/guia-das-plantas-de-galicia-turismo-ocio-montes-e-fontes-guias-da-natureza","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}