{"product_id":"laura-e-os-ratos-infantil-e-xuvenil-pasenino","title":"Laura e os ratos (Infantil E Xuvenil - Paseniño)","description":"En casa de Laura hai un rato. O seu pai e a súa nai parece que o queren matar e, pola contra, Laura quere amigarse con el.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA nova colección Paseniño de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións.\u003cbr\u003eOs textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido.\u003cbr\u003eA calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369573253454,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369573286222,"sku":"2198701_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369573318990,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369573351758,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/1150918e-3c42-41f7-8d20-eb0705d6f374_27253014-0689-4a58-9009-14ca8b223e42.jpg?v=1777152280","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/laura-e-os-ratos-infantil-e-xuvenil-pasenino","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}