{"product_id":"lua-do-senegal-infantil-e-xuvenil-sopa-de-libros-de-10-anos-en-diante","title":"Lúa do Senegal (INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 10 anos en diante)","description":"Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo. Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta. Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da protagonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369617949006,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369617981774,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369618014542,"sku":"2260642_1_2","price":5.4,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369618047310,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/44ea9fbd-22c6-49e3-91dd-3b29989a5a8f_55ff7cf6-de97-4067-9398-bb375473fef1.jpg?v=1779330050","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/lua-do-senegal-infantil-e-xuvenil-sopa-de-libros-de-10-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}