{"product_id":"lume-de-biqueira-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","title":"Lume de biqueira (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)","description":"Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego. «Bobi» Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay, un vello triunfador do fútbol europeo que obtivera dous subcampionatos da UEFA, finalista na Recopa, o Escudeto italiano e tres clasificacións nos Mundiais. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería; Pretinha, o lateral dereito que chegara do Botafogo, unha marabilla como carrileiro-, Gaula, Rodri e Garcés na defensa; Outes o medio centro incansable, recuperador de balóns incribles, oriúndo de Lleida con raíces galegas-, Kristopher o internacional dinamarqués, Kaisser e Manríquez na media; e Djuva a estrela do equipo, o goleador esloveno, o señor da área, o dianteiro listo e cazador dos despistes e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando a pelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, Xaime Barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu «neniño de diamante», camiño da entrevista co presidente: Bobi, acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles á cabeza».","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":60307198738766,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":60307198771534,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":60307198804302,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":60307198837070,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_63b7fd82-09da-4e44-825c-f21792a5f386.png?v=1785884294","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/lume-de-biqueira-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}