{"product_id":"mago-por-correspondencia-infantil-e-xuvenil-sopa-de-libros-de-10-anos-en-diante","title":"Mago por correspondencia (Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos En Diante)","description":"Sucedeu que había un reino que non tiña nin marcha, nin himno, nin música que o amparase. Augusto Trompeteira Diapasón , un famoso compositor con moita confianza nas súas posibilidades creativas, recibiu o encargo dos reis daquel país, que malía ser pequeno posúía case de todo, de compoñer unha música en exclusiva para representar a a aquel reino que litigaba sempre cos seus países veciños, unha democracia remendada e cunha república militar Baldomero, un contable dunha fábrica de embutidos, parecía unha persoa normal e corrente da cidade de Orilal. Pero non o era, porque se trata dun mago de segunda clase, que aprendeu os seus trucos nun curso por correspondencia organizado por un equipo de bruxas e magos preocupados por comprobar como diminuía o censo de seres máxicos. Baldomero inventaba artefactos ben extraños como o futuroscopio, un tubo retorto capaz de mostrar o futuro que cada un desexa A Isquirión gustáballe ter un nome máis común. Non sabía por qué tiña aquel nome tan estraño nin quen llo puxera. Con todo, o que de verdade lle inquietaba era que for a parar a un mundo que non lle gustaba en absoluto porque non se oía unha música, nin un son, agradable ou desagradable . Un mundo no que os seus habitantes pasaban o día facendo carreiras contra os grandes reloxos silandeiros, que levaban no pulso ou pendurados de longas cadeas cruzadas sobre as súas grandes barrigas Mago por correspondencia do catalán Joles Sennell (seudónimo que Pep Albanell utiliza nalgunha das súas obras) recolle sete relatos onde, como nas mellores beberaxes, se mesturan de forma sutil a fantasía e o humor. Contos de bruxas, fadas, deuses e, tamén, humanos, ilustrados pola xenialidade característica de Xan López Domínguez.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369482748238,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369482781006,"sku":"2260643_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369482813774,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369482846542,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/7b53f29b-21eb-4924-9418-939050b6bc65_06b28d18-b628-4bb6-9e9a-14640bdc7f0f.jpg?v=1778899298","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/mago-por-correspondencia-infantil-e-xuvenil-sopa-de-libros-de-10-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}