{"product_id":"mercurio-edicion-literaria-narrativa","title":"Mercurio (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"Reseña del editor\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eMercurio é un thriller ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, mediático e famoso grazas á televisión. Por esta novela de Emilio Alonso, desfilan tamén un morto, policías, forenses, historias de amor e, sobre todo, moitas anécdotas que o protagonista vai contando ao longo da narración. O Lugo onde que a historia se desenvolve é unha cidade actual, con importantes referentes do pasado, pero no que pervive un miserable ambiente moral, social e cultural, o que se respiraba na cidade na década dos sesenta e primeiros setenta, prevalecendo vellos hábitos e rutinas que converten a Mercurio nunha hábil mestura entre novela policíaca e costumista. O humor e a retranca do protagonista, posuidor dunha dobre moral, e a homenaxe sentimental que o autor fai á súa cidade, converten esta novela, pola que pasean todo tipo de personaxes, nunha lectura agradable, amena e divertida.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eBiografía del autor\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEmilio Alonso (Madrid, 1958 - Vigo, 2020). Durante a década dos 80 realizou os programas de radio Montaje Curioso -con Pilar Comesaña e Antón Cancelas- e A Trincheira (Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia); foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista e co-presentador do concurso musical Racha coas Ondas (TVE-Galicia); elaborou unha páxina semanal de información musical en Diario 16 de Galicia e colaborou con outras publicacións, como Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez, Escupe... Froito destes traballos e experiencias é o libro Vigo a 80 revolucións por minuto (Xerais, 2011), unha crónica da movida viguesa daquela década. Xa nos 90 traballou fundamentalmente para televisión (TVG) como guionista, coordinador e director de programas presentados por Teté Delgado e Paco Lodeiro (Café Café), Pilar García Rego (Esto é noticia, Todos a Bordo), Roberto Vilar e Manolo Romón (Televisión Total), Superpiñeiro (Supermartes), Ana Kiro (Toda unha vida), X.L. Blanco Campaña (A Noite en Blanco), etc. Ten publicados tamén ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Santiago, Fundación Araguaney, 2003) e Mercurio (Xerais, 2009) coa que gañou o VIII Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59346959597902,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59346959630670,"sku":"2069737_1_3","price":8.36,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59346959663438,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59346959696206,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/a8e54aec-a4b3-4ba9-a4eb-dae7a81fd80f_381c341b-9406-4570-823d-2a38e6ca6273.jpg?v=1777098621","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/mercurio-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}