{"product_id":"mil-cousas-poden-pasar-libro-i-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante-1","title":"Mil cousas poden pasar. Libro I (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante)","description":"Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou \"que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.\"","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59366975111502,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59366975144270,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59366975177038,"sku":"2247941_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59366975209806,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/680e6109-af17-4834-8ebc-fbb6d9e3ef98_ca4142f9-f95f-4c0f-9623-7f956d03364b.jpg?v=1777143360","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/mil-cousas-poden-pasar-libro-i-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante-1","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}