{"product_id":"millo-verde-edicion-literaria-narrativa","title":"Millo verde (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela,un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade, foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por quen?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno. Este é o arrinque argumental de Millo verde, a nova novela de Xosé Fernández Ferreiro. Unha narración que ten un sorprendente e inesperado desenlace, que non mitiga un drama social que se presenta con toda a crueldade e que marca a fogo e para sempre a vida dos personaxes. Novela de enfoque realista, construída minuciosamente como unha narración de intriga, Millo verde engaiola ao lector na esculca da verdade sobre un terrible suceso. O papel dos medios de comunicación, as investigacións policiais e xudiciais, ou as reaccións da comunidade educativa contrapuntean nesta novela inquedante co sufrimento dunhas víctimas sometidas a aldraxe e a dor do seu inferno. Millo verde constitúe unha valente denuncia da hipocrisía dunha sociedade que procura culpables inmediatos para agachar as súas doenzas máis profundas.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59348372422990,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59348372455758,"sku":"2128799_1_3","price":45.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59348372488526,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59348372521294,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/e05c99e9-d26d-4cd3-814e-f32f8bfd306d_002575d2-0391-453c-858b-9d89c3587a2d.jpg?v=1777101598","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/millo-verde-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}