{"product_id":"morgun-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","title":"Morgún (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: \"o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo\". Morgún -aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos- será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán. Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia. \"Morgún\" é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59375849668942,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59375849701710,"sku":"2297538_1_3","price":5.19,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59375849734478,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59375849767246,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/fe9a3ed6-0db4-44aa-894f-547a779d6312_f4974599-ecaa-482f-ba6a-a4efbe346dab.jpg?v=1777162593","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/morgun-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}