{"product_id":"nemo-o-xigante-de-pedra-infantil-e-xuvenil-camaleon","title":"Nemo. O xigante de pedra (INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN)","description":"Segunda entrega das aventuras de Nemo, o príncipe indio que oculta o seu verdadeiro nome para protexer a súa vida e a dos seus dous novos amigos, Ashlynn e Daniel. Xuntos percorren Europa descifrando misterios e fuxindo dos seus inimigos, dos que polo de agora se deron salvado grazas á intelixencia pouco común de Nemo e á lealdade de Ashlynn e Daniel. Varios contendentes dispútanse Bundelkhand, e Nemo, para salvar o seu reino, terá que renunciar ao seu nome e cruzar o océano na procura dun misterioso tesouro. O príncipe de pel escura, arrastrado polas correntes, fuxirá lonxe. En compañía de Daniel, de Ashlynn e do seu inseparable can Nautilus, sobrevoará Europa a bordo da súa aeronave. Praga é a meta. Alí vive un rabino que talvez poida axudalo a descifrar o enigma necesario para atopar o tesouro. Pero terá que facelo antes de que Madame Zeta e os escarlatas acaben con eles. Un mundo de criaturas lendarias, gólems e símbolos misteriosos envolve a vida do príncipe indio e dos seus compañeiros de viaxe. Entrementres, a néboa cobre as calellas de Praga, do mesmo xeito que os segredos escurecen o pasado de Nemo e os detalles da súa perigosa misión.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59340295307598,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59340295340366,"sku":"2283435_1_3","price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59340295373134,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59340295405902,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/d483b2ed-04a8-4c2c-93d5-87e31c9bb544_8a176df2-9082-4d13-aaf8-491f10f5cd2f.jpg?v=1777076848","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/nemo-o-xigante-de-pedra-infantil-e-xuvenil-camaleon","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}