{"product_id":"nixer-edicion-literaria-cronica-viaxes","title":"Níxer (EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Viaxes)","description":"O corazón segue na escuridade. Níxer era o país máis pobre do mundo ata que a terra fixo tremer Haití. Níxer está no mundo sen estar. A fame escurece o presente dun país con carencias crónicas e sen cámaras para explicar por que catorce de cada cen nenos nunca chegarán a ser adultos. Morrerán de fame en silencio e sen imaxes contra a catástrofe. Morrerán mentres os golpes de estado libran escuras batallas polo uranio que produce o país. Este libro promovido dende Galicia por Acción Contra a Fame (ACF) e Cultura Solidaria Galega (CSG) é un testemuño que non pode ser máis que mínimo con respecto ao tamaño da traxedia. Unha reclamación contra a aceptación resignada dunha circunstancia que non por constante é menos grave. Quere ser a demostración de que todos os conflitos son o mesmo conflito: o dunha parte da humanidade colocada en traumática situación de inferioridade. Colocada contra o paredón da invisibilidade entre as traxedias imposibles e os dramas permanentes. Os autores deste libro son: Francisco X. Fernández Naval (escritor), Camilo Franco (escritor e xornalista), Alfon-so Costa (pintor) e Moustapha Bello Marka (escritor nixerino residente en Zinder). Acción Contra a Fame (ACF) é unha organización humanitaria internacional e independente que combate a desnutrición infantil ao tempo que garante auga e medios de vida seguros ás poboacións máis vulnerables. Cultura Solidaria Galega (CSG) é un colectivo formado por representantes do mundo da cultura galega, constituído como grupo de apoio voluntario e desinteresado á Delegación en Galicia de ACF, para sensibilizar sobre a problemática da fame no mundo.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59387181138254,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59387181171022,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59387181203790,"sku":"2037868_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59387181236558,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/8e2b0036-7ef6-43c4-8c9a-427e67a979b1_e7f89b8e-4eef-42bb-b053-27649cff0acb.jpg?v=1777188450","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/nixer-edicion-literaria-cronica-viaxes","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}