{"product_id":"non-penses-nun-elefante-rosa-edicion-literaria-narrativa","title":"Non penses nun elefante rosa (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse. Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar. As páxinas de «Non penses nun elefante rosa» son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59349176746318,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59349176779086,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59349176811854,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59349176844622,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/5cdf4f74-9d48-44d8-9f39-1c06493aafb8_2372bf57-d54a-49a2-8391-279a3fd41732.jpg?v=1781229763","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/non-penses-nun-elefante-rosa-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}