{"product_id":"nus-edicion-literaria-narrativa","title":"Nus (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrécenos en «Nus» un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59351515332942,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59351515365710,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59351515398478,"sku":"2250262_1_2","price":6.28,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59351515431246,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/0ba5d9c7-a77c-4f56-a99d-f1ed27a0d107_e05c2920-54ab-438b-80da-bf3fdc298bc9.jpg?v=1777106515","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/nus-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}