{"product_id":"o-corazon-de-xupiter-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","title":"O corazón de Xúpiter (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real... Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59375357428046,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59375357460814,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59375357493582,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59375357526350,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/0b1e6e30-81fd-4740-9d0c-f4a1f9d320f8.jpg?v=1781844034","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-corazon-de-xupiter-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}