{"product_id":"o-heroe-edicion-literaria-alternativas-teatro","title":"O heroe (EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Teatro)","description":"Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Boîte de Pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta Lucía, a súa dona. Todo se axitará na penumbra do local coruñés coa presenza dos Homes de sombra e coa chegada agardada de Lanzarote, o loitador antifranquista e vendedor de máquinas de escribir que recita fermosos poemas de amor. Caronte arras-tra o culto á pena de Marte, a forza daqueles que gabeando a ras de chan tentan non perder o temón da súa vida, demostrando que a resistencia contra a morte e o tirano aparece nos lugares máis imprevistos, sendo protagonizada polos seres que viven nas abas da vida defendéndose coas verdades gardadas nos ósos das palabras. O heroe, a primeira peza teatral de Manuel Rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro. Esa falsa idea do valor que paira de novo sobre o noso tempo.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59383698489678,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59383698522446,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59383698555214,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59383698587982,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/a38af811-05b5-424a-8aa3-e016c2b1f829_5f819ce1-f93a-4107-a8dc-590ff1279ffe.jpg?v=1777181725","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-heroe-edicion-literaria-alternativas-teatro","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}