{"product_id":"o-merlo-de-ferro-merlin","title":"O merlo de ferro (MERLIN)","description":"Descripción del producto A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas: mazos, martelos, tenaces, alicates, parafusos, cravos... Ao outro lado da xanela o que hai son campos verdes e árbores verdes e montañas verdes. Os vidros da xanela semellan caramelos de menta. Un día, mentres o ferreiro vía a través dos vidros, na xanela póusase un paxariño. -É un merlo! -exclamou moi contento. A partir daquela Manuel decidiu facer un merlo de ferro, pero non un calquera, senón un que fose capaz de cantar e de voar por enriba dos ventos. Biografía del autor Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato \" A media muller \" co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: \" Memorias dun río \" (1988), Premio Barco de Vapor 1988; \" Xiganano ¿onde estás? \" (1990); \" O conto dos sete medos \" (1991), premio Barco de Vapor 1991; \" O lapis de Rosalía \" (1992) (Xerais, 2015); \" A bruxa sen curuxa \" (1993); \" O merlo de ferro \" (1995) (Xerais 2013); \" Os gritos das illas Lobeiras \" (1995), premio Barco de Vapor 1995; \" Historias e algún percance todas ditas en romance \" (1996); \" Leonel \" (Xerais 1996); \" Contos de vento e de nunca acabar \" (1999); \" Dominicus o dragón \" (2001); \" A merla de trapo \" (Xerais 2001), Premio Merlín 2001; \" ¡Cázame ese pensamento! \" (2001); \" O coleccionista de sombras \" (2002), \" Onde o sol non adormece \" (Xerais 2003) e \" Vaia tropa! \" (Xerais 2011). Como investigador publicou \" Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares \" (Xerais 2001), \" Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota \" (Xerais 2010) e \" Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza \" (Xerais, 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra \" Incrible invento de Solfis, a pianista \" (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con \" Xogando con gatos \" (Xerais 2015) o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":60034152497486,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":60034152530254,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":60034152563022,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":60034152595790,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_02d53055-774a-4b46-ab37-49b2418d41bd.png?v=1783071013","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-merlo-de-ferro-merlin","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}