{"product_id":"o-pais-do-gran-furado-infantil-xuvenil","title":"O País do Gran Furado (Infantil-Xuvenil)","description":"Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019). «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade. Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorístico». O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia. *** MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres. No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock \u0026amp; roll. Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59586277048654,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59586277081422,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59586277114190,"sku":"2411594_1_2","price":9.05,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59586277146958,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_b0ae1d25-cae2-43db-9727-c7d884360587.png?v=1778119836","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-pais-do-gran-furado-infantil-xuvenil","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}