{"product_id":"o-pirata-pata-de-lata","title":"O pirata pata de lata","description":"A ritmo de pareado e cunha atractiva proposta artística, o bucaneiro desta historia percorre o mundo en busca de pelexa, sen máis contrincante que unha pobre pantasma que non está polo labor de combater.\u003cbr\u003e\t\u003cbr\u003e\tChegan novas de que “O pirata pata de lata” deixa o seu retiro e volve á carga con enerxías renovadas, tratando de incordiar a cantos atope ao seu paso, sexan de carne e óso, ou simples espíritos. Porque o ancho mar xa non é o que era e a este bucaneiro revoltoso resúltalle cada vez máis complicado dar cun contrincante á altura das boas pelexas de antano, sable en ristre. Os soños resultan ser o mellor refuxio onde dar renda solta ás súas ansias belicosas: durmir ‘a pata de lata’ solta proporciónalle momentos de gloria, imaxinando múltiples batallas nas que, curiosamente, el sempre resulta vencedor. Un relato para primeiros lectores, divertido e inxenioso. Os seus versos evocan un mundo mítico e transportan o lector aos escenarios onde transcorren as rimas de Espronceda ou as aventuras de ‘A illa do tesouro’ de Stevenson. As ilustracións, que mesturan a técnica do collage con materiais como tinta e acuarela, contribúen a crear esa atmosfera intrépida e exótica.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":60830356373838,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":60830356406606,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":60830356439374,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":60830356472142,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_f55ebd23-ea1e-4605-b6a5-e3dfc0dbecb1.png?v=1789538790","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-pirata-pata-de-lata","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}