{"product_id":"o-que-non-sabias-edicion-literaria-narrativa","title":"O que non sabías (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"Reseña del editor      Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuízos lastren o seu destino. A través das lembranzas da adolescencia, o seu fillo Roberto proxecta a admiración incondicional cara a ela e culpa do desacougo ao proxenitor. Esta novela condúcenos por sentimentos confrontados que exploran vidas cotiás e os seus pasados, vidas nas que tamén se agochan inconfesables segredos familiares e momentos complexos, especialmente para as mulleres. \"O que non sabías\" é unha historia intimista, calma, de miradas significativas, de contrastes e paixóns. Unha procura de liberdade e amor na que o silencio impregna con protagonismo as persoas, e o mar devolve o que un día levou.      Biografía del autor      Elba Pedrosa (Santa Cruz de Tenerife, 1973) é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa como consultora e formadora en creatividade e oratoria para institucións públicas e privadas. Colabora con distintos medios de comunicación. É autora de \"Despertando la creatividad\" e coautora de \"Relatos na Rúa II\".","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59349268234574,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59349268267342,"sku":"2164245_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59349268300110,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59349268332878,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/8b2500c0-1f6e-4546-a046-c749c66b2f29_5d6151c3-e20e-4588-b28e-12cb14c8364a.jpg?v=1777102262","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-que-non-sabias-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}